OurenseÚltima hora

A madrileña Carolina Esteban, gañadora do II Maratón Fotográfico de Ourense

O alcalde da cidade estivo presente no fallo de premios.
O alcalde da cidade estivo presente no fallo de premios.

O II Maratón de Fotografía Cidade de Ourense xa ten gañadora: a madrileña Carolina Esteban, unha deseñadora e ilustradora residente na cidade, alzábase co primeiro posto deste concurso, que contou coa participación de 174 persoas en total. Pecharon o podio Rafael Juliana e Miriam Méndez, que obtiveron a prata e o bronce desta edición.

O xurado, composto polos fotógrafos Ramón Vauqero e Berto Macei, xunto coa directora de espazos expositivos do Concello de Ourense, Eva Torres, máis o secretario, Manuel Freire, decidiu tamén outorgar tres accésits a Marta Porto, Fran Pedreira e Antonio Carlos, respectivamente.

O alcalde da cidade, Jesús Vázquez, tamén estivo presente nun acto no que se comunicaron os premios correspondentes ás categorías Junior Wassabi e O Cabalo Fosforito, que recaeron en Paula Gómez e Martín Fernández, respectivamente.

Artigos relacionados

Back to top button