Galerías de fotosÚltima hora

Magosto no CEIP Julio Gurriarán do Barco

Dende o 1 de novembro e ao longo de todo o mes, concellos, asociacións, barrios e centros educativaos foron celebrando a festividade de San Martiño, cos populares magostos.

Fieis á tradición, no CEIP Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras non foron menos e na mañá do 11 de novembro, organizaban a festa no patio. Coma sempre as castañas eran asadas nun espazo habilitado para a ocasión no exterior do centro, para que os cativos puderan degustalas. Na festa non faltaron nin os xogos, nin a música, nin os característicos rostros tisnados.

Fotos cedidas polo CEIP Julio Gurriarán.

Artigos relacionados

Back to top button