ConcellosÚltima hora

Máis de 100 rapaces participarán nas tertulias literarias en galego

Terán lugar no Liceo de Ourense os días 25 e 26 de maio
Presentación da actividade.
Presentación da actividade.

En total 130 rapaces de oito centros escolares da provincia participarán nos faladoiros literarios organizados polo Concello de Ourense e pola Deputación Provincial, que se celebrarán os días 25 e 26 de maio. O obxectivo desta actividade é “fomentar a comprensión lectora, a expresión e a alocución verbal, e o pensamento crítico e reflexivo”, en palabras da concelleira de Educación, Belén Iglesias. Será no Liceo da cidade.

Estas tertulias literarias xirarán arredor da lectura de ‘O derradeiro libro de Emma Olsen’, da autora Berta Dávila e comezarán a partires das 16:30 horas. Ademais, na xornada do xoves contarán coa preseza da propia autora do libro, que participará canda os alumnos nos grupos de debate e discuión que se establezan.

Os centros educativos que pasarán por estes faladoiros son os IES Ferro Couselo, O Couto, Xulio Prieto Nespereira, Lagoa de Antela, O Ribeiro, San Mamede, Allariz e Cidade de Antioquía.

Artigos relacionados

Back to top button