ConcellosÚltima hora

Máis de 1,1 millóns de euros para a EDAR da Limia

Estas obras permitirán mellorar a estación depuradora actual, deseñada nos anos 90

 

Visita ás obras de mellora da EDAR de Xinzo.
Visita ás obras de mellora da EDAR de Xinzo.

 

Coa pretensión de lograr unha  mellora medioambiental da conca do río Limia, augas arriba do encoro das Conchas, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente está levando a cabo unha serie de actuacións a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS). Están enmarcadas no proxecto de “Mellora da capacidade de eliminación de nutrintes da EDAR de Xinzo de Limia (Ourense)”, que supón un investimento de  1.127.585 de euros, financiados nun 80% polo Ministerio e no 20% restante pola Xunta de Galicia.

 

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín, supervisaban na mañá do 30 de marzo os traballos, acompañados polo alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Rodríguez, polo presidente da Deputación, Manuel Baltar, e polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, entre outras autoridades.

 

Estas obras permitirán mellorar a estación depuradora actual, deseñada nos anos 90, para posibilitar a eliminación de nutrintes (fósforo e nitróxeno) e, dese xeito, incrementar a calidade das augas do río Limia. “Coa nova instalación, ubicada nunha Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), consumaranse os parámetros de verquido adaptados á mesma e minimizarase o consumo de reactivos, priorizando a eliminación de nutrintes por vía biolóxica”, segundo avanzan dende o ministerio.

 

Artigos relacionados

Back to top button