ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Máis de 150 persoas asisten ao xantar de Vilanova

A xuntanza gastronómica organizada pola Asociación Cultural O Mosteiro celebrábas no mediodía do 29 de abril

Cada ano máis xente. Se na pasada edición eran 145 as persoas que asistían ao xantar popular de Vilanova (O Barco de Valdeorras), nesta ocasión eran 155 os comensais que no mediodía do 29 de abril asistían á xuntanza festiva, entre eles o alcalde do Barco, Alfredo García e o concelleiro de Medio Rural, Jesús Jares.

Organizada pola Asociación Cultural O Mosteiro, a segunda edición do xantar reuníu a xente de todas as idades en torno a un menú a base de entremeses ibéricos, empanada e carne ao caldeiro con cachelos. Tampouco faltaron os doces, o viño e os licores, nin a música a cargo da discoteca móbil Danzalia.

E mentres os maiores xantaban na carpa instalada na praza, os cativos disfrutaban nos brincadeiros, completando unha xornada festiva animada polo bo tempo.

Fotos cedidas pola Asociación Cultural O Mosteiro de Vilanova.
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button