OurenseÚltima hora

Máis de 2.000 persoas pasaron por Bebega e Celebra durante a fin de semana

Un total de 60 expositores, a maioría procedentes da provincia, ofreceron o seu produto nestes dous salóns

Expourense clausurou, na tarde de hoxe, 15 de setembro, unha fin de semana dedicada ás familias para coñecer a oferta que concentraban os expositores ourensáns de Celebra, o décimo oitavo Salón de Actos Sociais e de Bebega, a Mostra do Bebé, que recibiron, segundo as cifras achegadas pola aorganización, máis de 2.000 visitas ao longo destes dous días. En total, estes dous salóns xuntaron a 60 expositores, a maioría procedentes da provincia, creando unha plataforma ao comercio local para dar a coñecer os seus produtos e servizos ante novos potenciais clientes.

Artigos relacionados

Back to top button