ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Máis de 250 persoas no Magosto de Córgomo (Vilamartín)

As Mulleres Rurais desta localidade organizaban esta celebración na tarde do 18 de novembro

En torno á fogueira congregábanse os veciños de Córgomo (Vilamartín) para festexar o tradicional magosto a partires das seis e media da tarde do 18 de novembro. Máis de 250 persoas, boa parte delas do pobo pero tamén de fóra del, gozaban desta celebración (cuxa entrada custaba 3,50 euros) que incluía, ademais das castañas asadas, bolos preñados e biscoitos, acompañados de viño, mentres a charanga Brisas do Sil animaba o ambiente.

Como nos últimos anos, o Magosto ten sido organizado pola Asociación de Mulleres Rurais de Córgomo. As castañas degustadas foron aportadas Castanval e o viño polas adegas deste pobo vilamartinés.

Artigos relacionados

Back to top button