O cheque seralle entregado á presidenta da AECC Ourense o xoves 5 de marzo
O xoves 5 de marzo ás 11h. terá lugar na Sala Vermella do Auditorio Municipal de Ourense, a entrega da recadación da II Gala benéfica contra o cancro.
O acto correrá por por conta de David Rodríguez, presidente da Asociación Cultural Xuvenil As Canellas e Rubén Riós, actor, produtor de cine e televisión e presentador da gala que entregarán o cheque valorado en 3.455,23 euros a María Isidora Gómez, presidenta da Asociación Española Contra o Cancro Ourense.
O festival celebrado o pasado 20 de decembro tivo unha gran afluenza de público que pudo disfrutar coas actuacións de Rosa Cedrón, Luis Emilio Batallán, Gustavo Almeida e os grupos de baile Meigas Tribal e Feel that Crew. Dende a organización aseguran que a gala “foi un éxito”.