ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Máis de 350 persoas na Festa do Cordeiro de Larouco

A X edición da cita gastronómica tiña lugar na tarde-noite do 16 de maio

Un ano máis, Larouco celebraba por todo o alto a súa Festa do Cordeiro, unha cita gastronómica que reuníu no pavillón de deportes da localidade, a máis de 350 persoas.

Pasadas as nove da noite do sábado 16 de maio, arrancaba a X edición da cea amenizada pola música da charanga, na que os asistentes, chegados dende diferentes puntos da comarca, deron boa conta do menú a base de empanada e xamón asado con pementos, cordeiro con ensalada e bica.

Igual que noutras citas gastronómicas, a Festa do Cordeiro nacía hai dez anos co obxectivo de dar a coñecer e promocionar o pobo así como a carne de cordeiro, converténdose nesta década, nunha celebración ben acollida pola poboación.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button