OurenseÚltima hora

Máis de 4.000 visitas nas dúas primeiras xornadas de Megaxove

O Salón da Xuventude celébrase en Expourense ata o  xoves 8 de decembro cunha nova “Operación Quilo”
Vista xeral de Megaxove, en Expourense.
Vista xeral de Megaxove, en Expourense.

A edición 2016 de Megaxove, que está celebrando en Expourense xa recibiu máis de 4.000 visitas entre os dous primeiros días do evento, coa celebración de diferentes campionatos deportivos que achegaron ata o recinto a numerosos equipos e clubs de toda a comunidade.

O karate foi unha das actividades con máis afluenza na xornada do 6 de decembro, que convocou a escolas de toda a provincia de Ourense para participar no VII Open Internacional. Asemade, o campionatogalego de técnica de halterofilia nas súas diferentes categorías presentou unha competición moi completa e dinámica.

Pola súa parte, o wushu ten en Megaxove o escaparate idóneo no que este deporte minoritario chama moito a atención dos visitantes, non só polos coridos atuendos senon tamén pola peculiaridade dos movementos e as técnicas que empregan, feito que se demostrou durante a Copa Megaxove tanto de adultos como infantil.

 

Asistentes á segunda xornada do Salón da Xuventude.
Asistentes á segunda xornada do Salón da Xuventude.

Na xornada de hoxe tamén se desenvolveu a primeira edición do Torneo BabyBasket, no que competiron nenos de menos de 8 anos de idade chegados de diferentes puntos da provincia; así como minicompeticións de atletismo ao redor do recinto que organizou o Club Ourense Atletismo.

Mañá mércores 7 de decembro terá lugar, como novidade, un obradoiro de prevención de violencia de xénero e acoso escolar para previr e identificar casos. Esta actividade está coordinada pola Fundación Cipri Gomes, e será ás 17 horas no salón de actos de Expourense.

Artigos relacionados

Back to top button