DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Uns cen ciclistas participan na XIX edición da Volta a Valdeorras

A proba cicloturista estivo marcada polos reagrupamentos dos participantes en tres portos

Non é unha proba competitiva, pero a todos os participantes lles gusta marcar o seu propio ritmo e poñer a proba o seu estado físico e tamén a súa velocidade. É, xunto ao espectáculo das paraxes polas que discorre, un dos atractivos da Volta a Valdeorras que este ano chegaba á  XIX edición marcada polos reagrupamentos que, segundo indicacións da Garda Civil de Tráfico encargada da seguridade, tiveron que facer os cen participantes despois dos tres portos.

Pasadas as nove da mañá do 25 de xuño, os ciclistas tomaban a saída na praza do Concello do Barco Valdeorras poñendo rumbo á localidade lucense de San Clodio pola N-120. Segundo outras edicións, este era un tramo neutralizado e a partires de aí a carreira debería continuar de forma libre, pero non foi así e ao chegar ao cima da Moá, tiñan que irse reagrupando cada pouco esperando a que chegase o último para que non houbera tanta distancia entre o primeiro e o último.

Esta decisión molestou á organización xa que segundo informaron os propios membros do Club Cliclista Valdeorras, era esta mesma mañá, quince minutos antes de iniciar a carreira, cando Tráfico informaba da norma, que disgustou especialmente aos ciclistas. Sobre todo aos que ían en cabeza e que por conta propia decidían continuar (sen reagruparse) pero sen dorsal.

O primeiro en cruzar a meta, algo máis de tres horas e media despois da saída, foi David Mayo de León que repetía proeza por terceiro ano consecutivo.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo.

 

Artigos relacionados

Back to top button