EconomíaEconomíaÚltima hora

A Mancomunidade do Carballiño reforza o seu compromiso coa prevención de lumes

O presidente do ente, Manuel Cerdeira, mantivo unha xuntanza coa conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, na que lle trasladou o seu interese por aumentar a prevención
Manuel Cerdeira e Ángeles Vázquez.

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez e o presidente da Mancomunidade do Carballiño e tenente de alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira, mantiveron hoxe, 9 de decembro, unha xuntanza  para falar do reforzo do traballo para previr os incendios forestais.

O presidente mostrouse interesado en incrementar os recursos para a loita contra o lume. Para iso, ambos portavoces valoraron os acordos subscritos pola Consellería e polos que dispoñen dunha motobomba e varias brigadas de prevención e extinción. Ademais, esta mancomunidade integrada polos concellos de Beariz, Boborás, O Irixo, Leiro, Maside, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea, recibiu tamén o apoio para os traballos de roza e tratamentos preventivos. en total, o ano pasado, recibiron preto de 94.000 euros a través das diversas liñas de axuda no eido da prevención e valoración.

Ángeles Vázquez mostrouse agradecida polo interese e dixo estar aberta a valorar novas formas de colaboración que axuden nesta loita “na que todas as administracións, cada unha na súa medida, deben de estar comprometidas”, dixo.

Artigos relacionados

Back to top button