ConcellosÚltima hora

Mantense o nivel 2 polo risco a poboacións en sete lumes na provincia de Ourense

Rexístranse un total de 18 lumes activos, tres estabilizados e oito controlados que superan as 20 has, segundo Medio Rural
Loita contra as chamas en Fradelo (Viana do Bolo)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ourense é a provincia galega máis afectada polos lumes nestes momentos. Segundo os últimos datos feitos públicos pola Consellería do Medio Rural e que reflexan a situación ás 19:30h., continúan activos 18 lumes (de máis de 20 hectáreas), nos cales en sete mantense a situación 2 pola proximidades das chamas a núcleos de poboación.

Este nivel 2 está decretado nos incendios de Albarellos (Boborás), A Gudiña (que se estende xa ata o concello de Viana do Bolo), Paradellas (Parada de Sil), Oseira (San Cristobo de Cea), Betán (Baños de Molgas), Cantoña (Paderne de Allariz) e Araúxo (Lobios).

Ademais hai lumes activos en Rebordechau (Vilar de Barrio), Coiras (Piñor), Melón, Santiso e Castro de Escuadro (Maceda), Pensos (Esgos); Chas, Gabín e Covas (Montederramo), Ramil (Xunqueira de Espadanedo) e Chaveán (Chandrexa de Queixa).

Por outra banda, están estabilizados os lumes de Chaguazoso e Veiga de Camba no concello de Vilariño de Conso e o de Cerdeira (San Xoán de Río). Quedaron controlados os de Parada da Serra (A Gudiña), O Pereiro (A Mezquita), Osoño (Vilardevós), Sabuguido e Castiñeira (Vilariño de Conso), Vilamarín, Queixa (Chandrexa de Queixa) e Río Caldo (Lobios).

Artigos relacionados

Back to top button