En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Mantense a tendencia á baixa nos índices de criminalidade en Valdeorras

O Concello da Rúa vén de acoller unha reunión da Xunta Local de Seguridade

Os datos relativos á delincuencia na comarca durante o ano de 2016 manteñen unha tendencia á baixa na totalidade das infraccións penais, sendo este descenso máis acusado no número de delitos. Descenden asemade as infraccións administrativas e pola contra, aumentan as infraccións penais sen delitos contra a seguridade vial. O índice de esclarecemento segue a ser moi alto. Son as conclusións as que chegou a Xunta Local de Seguridade da Rúa trala reunión mantida na mañá do 22 de febreiro no Salón de Plenos do Concello.

Copresidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García, e a alcaldesa da Rúa, María González Albert, na reunión participaron membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e da Policía Local, quenes, previa aprobación da acta da Xunta de Seguridade do 20 de xaneiro de 2016, deron conta dos informes en materia de seguridade cidadá, facdendo fincapé na importancia da colaboración entre as forzas de seguridade estatal e municipal.

A este respecto, o subdelegado do Goberno, Roberto Castro, agradeceu o traballo desenvolvido que se refrendou nas estatísticas expostas na Xunta. “A Rúa é un exemplo do bo funcionamento en materia de seguridade que repercute directamente no benestar de toda a cidadanía”, dixo apelando a seguir profundizando “no extraordinario labor de colaboración que existe entre os veciños de toda a comarca de Valdeorras e as Forzas e Corpos de Seguridade”. Unha colaboración “importante e necesaria”, subliñou.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button