En portada

Manzaneda acollerá un curso de búsqueda de persoas desaparecidas da AGSP

Impartirase na fin de semana do 28 e 29 de novembro na base da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Manzaneda
Imaxe dun curso impartido anteriormente en Manzaneda./ Foto cedida por Clemente Pérez Arias.
Imaxe dun curso impartido anteriormente en Manzaneda./ Foto cedida por Clemente Pérez Arias.

Da man do profesor doutor Antonio Ulloa Reinoso, os días días 28 e 29 de novembro desenvolverase en Manzaneda a terceira edicion (provincia de Ourense) do curso da Academia Galega de Seguridade Publica (AGASP) de “Búsqueda de persoas desaparecidas”.

As sesións teóricas do curso impartiranse na base da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Manzaneda, mentres que as clases prácticas farnase os montes do concello. A coordinación da organización do curso corre a cargo do Servizo provincial de Emerxencias de Ourense.

“A AVPC de Manzaneda e o Concello manifestanlle a sua gratitude ao Servizo provincial de Emerxencias e aos responsables da formación da AGASP ms por ter a ben elixir unha vez mais o Concello de Manzaneda para impartir un dos cursos que promoven para darlle a formación axeitada aos voluntarios de Protección Civil de Galicia”, tal e como sinala o alcalde de Manzaneda, Davide Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button