EconomíaEconomíaÚltima hora

Marcelino Suárez e praza Lauro Olmo, rúas premiadas no concurso de Nadal do Barco

O fallo da cuarta edición de certame (organizado por AEVA, O Barco CCA e polo Concello do Barco) vén de facerse público

Un total de nove rúas barquenses concurrían á cuarta edición do Concurso de Decoración Navideña “Nadal nas Rúas” que se desenvolvía ata primeiros de xaneiro. Tratábase das rúas Marcelino Suárez, Eulogio Fernández –primeiro e segundo tramos-, Conde Fenosa, Estación, Manuel Quiroga, Las Cuevas, Praza de José Otero e praza Lauro Olmo.

 

Iluminación navideña na rúa Marcelino Suárez./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O xurado do certame vén de facer público das zonas ganadoras. Así o primeiro premio de 150 euros, correspondeulle á rúa Marcelino Suárez, mentres que o segundo premio, de 100 euros, recaía en na praza Lauro Olmo.

 

Praza Lauro Olmo do Barco, unha das rúas premiadas neste certame./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tal como se especificaba nas bases do Concurso, o xurado estivo formado por dous representantes do Concello de O Barco, dous representantes de AEVA e un representante da prensa comarcal: Aurentino Alonso Araujo, Concelleiro de Deporte, Xuventude e Participación Cidada; Alicia Álvarez Fernández, Concelleira de Abastecemento, Saneamento e Limpeza; Mª Carmen Rodríguez González, en representación de AEVA; Concepción Rodríguez Núñez, en representación de AEVA; e Ainhoa Carracedo de Alba, locutora de Cope Valdeorras.

Nas súas votacións os membros do xurado valoraban o deseño e a temática, a orixinalidade, a iluminación e a modernidade e innovación. Esta cuarta edición do concurso ten sido organizada pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) e o Concello do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button