DeportesÚltima hora

Marcos Macía deixa o Centro de Deportes Barco

Esta sería a cuarta tempada para o xogador ourensán, porteiro e capitán no equipo barquense
Marcos Macía na portería do campo de fútbol de Calabagueiros, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
Marcos Macía na portería do campo de fútbol de Calabagueiros, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Levaba varios partidos sen gardar a meta do conxunto barquense e finalmente, un comunicado oficial do Centro de Deportes Barco anunciaba que o xogador ourensán, porteiro e capitán do equipo sénior, Marcos Macía González deixaba a disciplina do C.D. Barco “por problemas persoais”.

Macía é un xogador moi querido polo que tanto os xogadores, como directiva e corpo técnico “lamentan a perda desta peza fundamental do club” na que xa sería a súa cuarte tempada no conxunto vermello.

“Non se vai o noso capitán, vaise o noso amigo, un irmán” aseguraba o presidente do club Daniel Ramos dende a súa conta de Facebook. El mesmo asegura, no comunicado oficial, que dende o Centro de Deportes Barco “esperamos a pronta recuperación do xa ex-capitán barquense”, agradecéndolle “a súa entrega polo escudo e o agarimo demostrado tanto polos membros que compoñen este equipo como polos seguidores. Sempre serán un de nós”, conclúe o presidente no comunicado que a título persoal engade un “grazas por todo o que nos diche e o pouco que te levas”.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

 

Artigos relacionados

Back to top button