ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Margaride énchese de castrexos e romanos

Esta localidade do sur de Lugo celebra ao longo do día 19 de agosto a VII Festa do Ouro

Coa misa en latín, seguida do “asalto galaico e romano” ás adegas do pobo comezaba na mañá do 19 de agosto a VII Festa do Ouro de Margaride (Quiroga). Numerosas persoas da localidade vestidas como romanos e como castrexos participaban nesta iniciativa festiva.

O percorrido polas adegas estaba animado por un grupo de música tradicional e concluía ao redor das dúas da tarde cunha explicación ofrecida por Cayo Vitius sobre a vestimenta, elementos e armas do exército romano. Logo os participantes dirixíanse ás proximidades das Covas do Medo. Alí instalábase o campamento romano e o castrexo, onde se servía o xantar.

Pola tarde, poderán verse demostracións de olería e haberá xogos tradicionais como os bolos ou a chave. Ás sete está prevista unha conferencia a cargo de Martín Alemparte, coordinador da candidatura do Xeoparque Mundial da Unesco das Montañas do Courel, quen falará sobre este proxecto. Logo darase paso a bailes galaicos e rituais de boa sorte, á cea e, finalmente, á actuación do Meigo do Tea, cun espectáculo seguido dunha gran queimada.

Esta VII Festa do Ouro será organizada pola Asociación de Veciños de Margaride en colaboración con amigos desta entidade.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button