CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

María do Ceo pecha os actos da II Feira do Libro e de Ocasión de Viana do Bolo

 

A Casa da Cultura vianesa enchíase na tarde do 23 de abril. Numerosas persoas asistían ao concerto de María do Ceo co que se pechaban os actos da II Feira do Libro e Libro de Ocasión nesta vila. “Teño estado na outra Viana, na de Portugal, pero non aquí e vir por primeira vez é unha honra”, dicía esta cantante tras interpretar a primeira das pezas, “Fado das horas”. Despois viría “Morería” e “Marcha dos centenarios”, nun recital no que presentaba os temas do seu último disco, así como unha escolma de pezas de anteriores traballos.

O programa cultural desta penúltima fin de semana de abril en Viana incluía ademais a feira do libro, que se instalaba na praza Maior a partires das catro e media da tarde do 22 de abril, e o espectáculo “Letras e Notas” do rues Magín Blanco.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button