Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

María Consuelo Vispo, candidata do PP á alcaldía de Barbadás

A presentación da candidatura popular tiña lugar o 25 de abril na Casa da Cultura desta localidade
Presentación da candidatura do PP ás municipais en Barbadás.
Presentación da candidatura do PP ás municipais en Barbadás.

O programa de goberno co que o PP de Barbadás se presenta ás eleccións municipais ten máis de 100 puntos para desenvolver nos vindeiros catro anos, segundo adiantaba a candidata á alcaldía deste partido político, María Consuelo Vispo Seara, no acto de presentación desta candidatura o 25 de abril. “O PP de Barbadás presenta un equipo sólido, cargado de experiencia, xuventude, ilusión, preparación, humildade e adicación para seguir traballando polo municipio e comunicarnos cos nosos veciños”. Ademais manifestaba que o obxectivo da candidatura popular “é Barbadás e a súa xente. É acadar mellores servizos para todos, epicentro da nosa xestión”.

O acto, celebrado na Casa da Cultura de Barbadás, contaba coa presenza do presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, quen destacaba que “Barbadás precisa seguir tendo un goberno sólido e estable co que manter a súa senda de progreso e crecemento como nos últimos anos”

Artigos relacionados

Back to top button