EconomíaEconomíaMicoloxíaÚltima horaViticultura

Maridaxe de cogomelos e viños da Ribeira Sacra en Monforte

O Centro do Viño da Ribeira Sacra acollerá unha xornada micolóxica o 25 de outubro
Cartaz da xornada micolóxica.
Cartaz da xornada micolóxica.

“Sabores de Outono” é o título dunha xornada micolóxica de recolección, degustación e maridaxe de cogomelos e viños da Ribeira Sacra. Terá lugar o domingo 25 de outubro a partir das dez da mañá no Centro do Viño da Ribeira Sacra en Monforte de Lemos. Será impartida por Carlos Pérez, de Terras de Maria Castaña, técnico Superior na Organización e Xestión dos Recursos Naturáis e Paisaxísticos.

Esta iniciativa persegue “facilitar aos participantes a posibilidade de incrementar coñecementos sobre os cogomelos, como diferencialos e clasificalos, por medio dunha saída ó campo para recolectalos acompañados por un especialista na materia”, segundo os seus promotores.

A xornada inclúe “almorzo, charla técnica introdutoria, entrega de documentación, xantar, visita explicada ao Centro de Interpretación, introducción á cata de viños, e degustación de pratos con cogomelos maridados con viños da D.O. Ribeira Sacra”, segundo se adianta dende o Centro do Viño.

As prazas desta actividade son limitadas e o prezo de inscrición é de 30 euros. Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro do Viño da Ribeira Sacra ou no teléfono 982 105 303.

Artigos relacionados

Back to top button