OurenseÚltima hora

Marisol Díaz, nova delegada territorial da Xunta en Ourense

Tomaba posesión na tarde do 13 de outubro na capital da provincia
A delegada da Xunta en Ourense con algunhas das autoridades asistentes á súa toma de posesión e co delegado anterior.
A delegada da Xunta en Ourense con algunhas das autoridades asistentes á súa toma de posesión e co delegado anterior.

Cinco días despois de que o Consello da Xunta acordase o seu nomeamento, Marisol Díaz Mouteira tomaba posesión do seu cargo como delegada territorial da Xunta en Ourense, en substitución de Rogelio Martínez. A nova delegada é licenciada en Dereito e especialista en Mediación Familiar e Dereito Civil.

Díaz Mouteira é funcionaria do Corpo Superior da Xunta e ten ocupado ademais diversos postos representando ao goberno galgo na provincia de Ourense. Así entre 2003 e 2005 foi delegada provincial da Consellería de Xustiza, entre 2009 e 2012 xefa territorial de Educación, do 2013 ao 2015 xefa territorial de Vicepresidencia e de xaneiro a xuño deste ano secretaria territorial da Delegación da Xunta en Ourense. Asemade dende o pasado mes de xuño é deputada no Parlamento de Galicia en substitución de Xesús Vázquez.

A nova delegada da Xunta en Ourense, co presidente da Deputación, tras tomar posesión do cargo.
A nova delegada da Xunta en Ourense, co presidente da Deputación, tras tomar posesión do cargo.

A nova delegada da Xunta en Ourense tomaba posesión o día 8 e neste acto estaban presentes, entre outras autoridades, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.

Público asistente á toma de posesión, celebrada o 13 de outubro en Ourense.
Público asistente á toma de posesión, celebrada o 13 de outubro en Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button