CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

O Meco e as Pampórnigas fan a súa saída anual na Romaría da Ermida

Entre os días 7 e 9 de setembro esta localidade quiroguesa honraba á Virxe dos Remedios

Acompañado polas Pampórnigas, dous xigantes de longos brazos, o Meco abría a procesión da Romaría da Ermida (Quiroga) os días 8 e 9 de setembro. Ao concluír o percorrido, e mentres a imaxe da Virxe dos Remedios se depositaba no interior do templo e comezaba a misa, este singular personaxe enmascarado despregaba o seu ritual no adro.

Entre carreiras e burlas dos veciños, o Meco agachábase para coller as moedas que lle botaban. Tamén respondía correndo tras as persoas que o provocaban, dirixíndose cara elas coa seu pau rematado en toxos.

Numerosas persoas se daban cita nesta tradicional romaría que, ademais dos cultos relixiosos, inclúe outras propostas musicais e lúdicas. A romería é organizada cada ano pola Asociación Souto do Val en colaboración co Concello de Quiroga e coa Deputación de Lugo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button