EconomíaEconomíaÚltima hora

Medio cento de actividades para “recuperar o esplendor do Lázaro” en Verín

O Concello vén de presentar o programa de actos desta celebración que se desenvolverá na fin de semana do 1 e 2 de abril

 

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, durante a rolda de prensa de presentación do Lázaro 2017.

 

A mostra Agro + Verín, unha Feira do Libro, unha mostra de Artesanía, ofertas gastronómicas, exposicións no Claustro dos Mercedarios, actividades deportivas de BTT, natación… O programa do Lázaro 2017 despregará os días 1 e 2 de abril en Verín medio cento de actividades moi diversas que tocan ámbitos tan distintos como o agro, o emprendemento, a cultura, a gastronomía, o ocio ou o deporte.

Presentábase en rolda de prensa na mañá do 22 de marzo no Concello de Verín. No acto participaban Gerardo Seoane, alcalde de Verín e concelleiro de Deportes; Diego Lourenzo, tenente de alcalde e concelleiro de Mocidade; Purificación Caldelas, concelleira de Turismo; Emilia Somoza, concelleira de Cultura e Festexos, e Begoña Vázquez, en representación da Asociación de Hostaleiros da comarca de Monterrei (AEHCOM).

Na súa intervención o alcalde destacaba a aposta pola primeira feira Agro + Verín, que se desenvolverá no Pavillón dos Deportes, e que se centrará nas innovaciónas tecnolóxicas no sector agrario. “É unha feira ó revés”, dixo, “na que as innovacións incentiven ós empredendores sobre o camiño a seguir”. Resaltaba a presenza de drones específicos para a tecnoloxía vinícola, con control de pragas e tratamentos fitosanitarios, que estarán presentes na mostra. Ademais, facía un chamamento á participación nas actividades deportivas e culturais, verdadeira novidade deste Lázaro, como a feira do libro ou a apertura da exposición temporal da colección privada de Fernando Barreira nos Mercedarios, “primeiro paso para a creación dun museo de Verín neste espazo”.

 

O tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, na presentación dos actos do Feira do Lázaro.

Pola súa banda, o tenente de alcalde de Verín aseguraba que o obxectivo deste “Lázaro multicartel” é  “recuperar o esplendor de antano, cando ducias de autobuses tomaban a vila. Nesta edición haberá máis de medio cento de actividades por toda a vila, para tódos os segmentos de público e tódalas idades” que se desenvolverán dende o venres á noite a durante toda a fin de semana.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button