ConcellosÚltima hora

Mellorarase o firme de cinco estradas da comarca de Valdeorras

A Consellería de Infraestruturas investirá case 754.000 euros en vías da Rúa, Rubiá, O Barco de Valdeorras, Petín e Larouco

Case 754.000 euros se investirán na mellora do firme de cinco estradas da comarca de Valdeorras. Así o vén de anunciar a Consellería de Infraestruturas e Vivenda. En concreto actuarase en estradas dos municipios da Rúa, Rubiá, O Barco de Valdeorras, Petín e Larouco.

Na OU-602, no concello da Rúa, arranxarase a capa de rodadura no treito comprendido entre os Pq. 0+040 e 0+505 e 0+650 e 1+870. No mesmo municipio, tamén se actuará na estrada OU-603, entre o Pq. 0 e 3+630. Na estrada OU-621, no concello de Rubiá, no tramo entre o Pq. 0 e o 2+660 traballarase na reparación do firme deteriorado.

Outra vía obxecto desta actuación é a OU-622, entre o Pq. 0 e o 21+940, nos concellos de Rubiá e O Barco de Valdeorras, onde se mellorará a pavimentación. Na OU-636, ao seu paso polos concellos de Petín e Larouco, no tramo entre o Pq 19+800 e 21+140, as obras proxectadas tamén se centrarán no arranxo do firme que presente carencias. Nos mesmos concellos, tamén se rehabilitará a capa de rodadura na OU-637, entre o Pq. 0+035 e 1+120, tal e como se informa dende a Consellería de Infraestruturas.

Esta Administración autonómica vén de licitar estas obras, tal e como aparece no DOG do 22 de novembro. As empresas interesadas na realización destas actuacións, cun prazo de execución de 4 meses, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 18 de decembro. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información: https://goo.gl/YwYo3m

Artigos relacionados

Back to top button