EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O Mercadiño de Nadal do Barco abre as súas portas

Uns 24 postos de diferentes produtos poderán visitarse ata o vindeiro 17 de decembro na praza do Concello do Barco no marco do Mercadiño de Nadal desta localidade valdeorresa. Esta mostra abría as súas portas ás cinco da tarde deste vernes.

Marmeladas, doces, pan e empanadas, bicas, traballos artesanais, manualidades en tea e papel, queixo, cosmética natural, modelado en pasta polimérica… son algún dos artigos que están á venda. A meirande parte deles son elaborados por veciños do Barco e de Valdeorras. Tamén participan con postos diversas asociacións benéficas da comarca como é o caso da Asociación Española Contra o Cancro, Asfaval, Morea e Disvalia.

Na xornada do venres os postos permanecerán abertos desde a hora de inauguración ata as 20:30 horas, e o sábado e domingo a mostra poderá visitarse entre as 11h. e as 20:30 h. Esta iniciativa está sendo organizada pola Concellería de Turismo.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button