Galerías de fotosÚltima hora

Merenda de San Xoán das amas de casa do Barco

Non conseguiron sardiñas frescas, pero iso non impedíu que as amas de casa do Barco de Valdeorras tiveran a súa particular “sardiñada” de San Xoán, a que asistían preto de cincuenta mulleres.

Uns días despois da data oficial, na tarde do 28 de xuño a directiva da Asociación de Amas de Casa O Teixadal preparaba unha completa merenda a base de sardiñas en lata, tostadas de xamón con tomate, fiambre e canapés caseiros. Tampouco faltaron os doces e a sangría.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button