SanidadeÚltima hora

México, sede oficial de Termatalia 2016

A Feira Internacional de Turismo, organizada por Expourense, celebrarase en Coahuila do 29 de setembro ao 1 de outubro
A feira ourensá de carácter internacional foi presentada o 26 de abril en Guadalajara-Jalisco.
A feira ourensá de carácter internacional foi presentada o 26 de abril en Guadalajara-Jalisco.

México será a sede deste ano da Feira Internacional de Turismo Termal, Termatalia. O evento, organizado por Expourense, foi presentado o pasado 26 de abril en Guadalajara-Jalisco e a súa celebración prográmase entre os días 29 de setembro a 1 de outubro, en Coahuila, baixo o lema “Naturalmente saudable”.

Termatalia 2016 abrirá as súas portas do 29 de setembro ao 1 de outubro.
Termatalia 2016 abrirá as súas portas do 29 de setembro ao 1 de outubro.

A presentación de Termatalia correu a cargo do subsecretario de Turismo de Coahuila, Luis Alfonso R. Garza, e do director de Termatalia, Alejandro Rubin. Tamén os acompañou o Cónsul Xeral de España para a Zona Pacífico de México, MiguelBenzo e polo delegado de Termatalia para a Zona Norte de México, Antonio Garza, entre outros.

Rubín indicou que “a celebración neste país contribuirá a poñer en valor o enorme potencial en turismo de saúde de todo México” e agradeceu a implicación e interse mostrado por todos os axentes do sector para que a feira de orixe ourensán se celebre no país mexicano.

Artigos relacionados

Back to top button