CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Miguel Arias representará a Ourense oriental no concurso musical do Luar

O valdeorrés estará na presentación desta edición de “Recantos” o venres 22 de xullo na TVG
Miguel Arias López é de Arcos (Vilamartín de Valdeorras).
Miguel Arias López é de Arcos (Vilamartín de Valdeorras).

A zona máis oriental da provincia de Ourense (Valdeorras, Viana, Terras de Trives,…) xa ten representante para a vindeira edición do programa musical de Luar (TVG) “Recantos”. Trátase do valdeorrés Miguel Arias López, natural e Arcos (Vilamartín) quen conseguía un oco no programa despois de pasar un casting.

A presentación dos candidatos de toda Galicia terá lugar no programa de Luar do venres 22 de xullo e a partires do 9 de setembro, poderemos ver a Miguel cada venres ata o mes de xuño do ano que vén “se consigo ir pasando as fases”, puntualiza visiblemente emocionado por esta nova experiencia que está a piques de comezar.

Este xove afeccionado ao canto (no que se sigue formando) deuse a coñecer hai uns anos a través de YouTube con vídeos gravados na súa terra nos que versiona temas moi coñecidos do panorama musical internacional (“Angels” de Robbie Williams, “Love Son” de Adele, “Come What Mey” da Banda Sonora de Moulin Rouge,…). Gran amante da música e coa voz como instrumento, en Luar cantará como sabe, poñendo todo da súa parte para deixar a súa terra en bo lugar, promocionándoa todo o que poda. Por iso e dado que no concurso é importante a votación popular, a partires de setembro, a poboación de Ourense oriental debería apoialo.

Miguel Arias nunha actuación na sala Baranda do Barco de Valdeorras.
Miguel Arias nunha actuación na sala Baranda do Barco de Valdeorras.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button