PolíticaÚltima hora

Miguel Tellado (PP) vé en San Cibrao “unha mostra do que os populares queremos que sexan Galicia e Ourense”

O viceportavoz do Grupo Popular visitou con varios deputados o Parque Tecnolóxicos de Galicia e a Asociación de Empresarios do municipio
Miguel Tellado, Marta Nóvoa, Cristina Romero e Moisés Blanco, na Tecnópole.

 

O vicepotavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, acompañado das deputadas Marta Nóvoa, Cristina Romero e Moisés Blanco, visitaron hoxe, 30 de novembro, visitaron o Concello de San Cibrao das Viñas, do que sinalou que “é unha mostra do que queremos que sexa toda Galicia e toda a provincia de Ourense”. O viceportavoz sinalou que “é un territorio con grande actividade industrial, no que hai xente nova, medra a poboación en definitiva, hai futuro, grazas ás empresas que apostan polo país e gracias a unhas administracións que están ao seu carón para axudalas”.

Neste senso, Miguel Tellado tamén puxo en valor que nos Orzamentos da Xunta para 2018 reserváronse máis de 3,5 millóns de euros para obras de acondicionamento da Tecnópole (1,5 millóns), cursos de formación para desempregados en diversos postos (402.332 euros), a dotación de fondos para a Unidade Mixta de Investigación de Coren e o Centro Tecnolóxico da Carne (1,4 millóns), ou a colaboración do Centro Tecnolóxico da Madeira.

Os deputados populares comezaron a xornada cunha visita ao Parque Tecnolóxico de Galicia, que este ano cumpre un cuarto de século de vida. Esta situación naceu coa intención de crear un entorno dirixido a acoller, apoiar e potenciar iniciativas empresariais que apostasen pola tecnoloxía, a innovación e o desenvolvemento.

O viceportavoz popular sinalou que “25 anos despois, cremos que estas intencións cumpríronse porque hoxe o Parque Tecnolóxico conta cun centro de empresas de sectores moi diversos e que o converten no lugar de referencia que pretendía ser”. “É un espazo no que se emprega a 1.200 traballadores dunha alta cualificación, que elaboran produtos e servizos de alto valor engadido”, anotou.

Xuntanza con empresarios 

Asemade, os deputados do Grupo Popular participaron nunha xuntanza na Asociación de Empresarios do concello de San Cibrao das Viñas, na que Miguel Tellado subliñou a importancia de impulsar medidas para o abaratamento do solo, o incremento da competitividade das empresas e a mellora das súas capacidades para dar o salto cara aos mercados internacionais. “Cremos na actividade empresarial como motor da economía, e sabemos que hai moito traballo por diante para impulsar os sectores clave do país”, sinalou.

Miguel Tellado na Asociación de Empresarios de San Cibrao das Viñas.

Neste mesmo sentido, lembrou que a recentemente aprobada Lei de Impulso da implantación de iniciativas empresariais busca reducir e axilizar trámites burocráticos, dar facilidade para dispoñer de solo industrial, reducir a presión fiscal sobre as novas empresas ou a potenciación de sectores clave como o eólico ou o forestal.

Artigos relacionados

Back to top button