DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A Milla Urbana Nocturna da Rúa consolídase nas festas de verán

Un cento de atletas de todas as categorías participaban na IV edición da proba

Ano tras ano a Milla Urbana Nocturna organizada polo Club Atletismo Rúa en colaboración co Concello, vai collendo forza, consolidándose como a proba deportiva estrela das festas de verán.

A céntrica rúa Miguel de Cervantes foi, por segundo ano consecutivo, o lugar elixido para o circuíto sobre o que correron os cen atletas participantes, de toda a comarca de Valdeorras e tamén doutros lugares como Ourense ou Quiroga. Dende os máis pequeniños, os chupetíns, ata os veteranos, a proba desenvolveuse ao longo de dúas horas, rematando coa entrega de premios a cargo do alcalde da Rúa, Luis F. Gudiña e do concelleiro de Deportes Avelino Fernández.

Con respecto aos resultados, facilitados pola organización, na categoría absoluta o gañador foi Alejo Ares (Adas) cun tempo de 4:47, campión e récord  da Milla; 2º foi Francisco  Javier Berrrocosa de Quiroga (5:52); e 3º Manuel Iglesias Gómez (5:56).

Na categoría femenina, en veteranos A a 1ª foi Karina Pasarin Mon do Ourense Atletismo (6:13); a 2ª Maca Alonso Fernández da Rúa (6:56) e 3ª Amelie (8:17). En veteranos B Maribel García Porto do Adas foi 1ª (6:50); Nieves García Álvarez do Atletismo Rúa 2ª (7:55); e Loly Muradas Núñez do Veteranos Ourense 3ª (8:02). E en veteranos C a 1ª foi María Jesús Vázquez Merelles (6:41); e 2ª Margarita Urbano González do Veteranos Ourense (7:25).

Na categoría masculina, en veteranos B, 1º foi Óscar José Seoane do Ourense Atletismo (5:17); 2º Alberto Ojea Fernández do Ourense Atletismo (5:36); e 3º Alfredo González Pérez (5:39). En veteranos C, Javier Ángel Vázquez Orejas foi 1º (5:59); José Ignacio Porto Armesto do Atletismo Rúa 2º (6:32); e Manuel Porto Armesto do Atletismo Rúa 3º (7:27). E en veteranos D, 1º foi José Luis Rey do Veteranos Ourense (6:22); 2º Valentín Varela García (6:46); e 3º Enrique Iglesias Rivera do Veteranos Ourense (7:42).

En chupetíns gañaron Yago García e Penélope López; en prebenxamíns Bruno Bellett e Iris Acevedo (A Rúa); en benxamíns Antonio Roira; en alevín/ infantil Luan Henrique (Adas) e Anna Julia Silva; en xuvenil, Roberto Trincado; e en júnior, Benjamín Vázquez.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button