OurenseÚltima hora

Minuto de silencio en Ourense en sinal de repulsa polo atentado de Manchester

Os funcionarios e o persoal da Administración Períférica do Estado na cidade de Ourense gardaban ás doce horas de hoxe un minuto de silencio na porta da Subdelegación do Goberno en Ourense, en repulsa polo atentado perpetrado onte á noite na cidade de Manchester.

Como mostra da dor, as bandeiras do edificio ondearán a media asta dende as 10:00 horas do día de hoxe ata as 10:00 horas do día 25 de maio.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button