ConcellosÚltima hora

Modifícase o horario previsto inicialmente no autobús de Trives ao Barco

O Concello de Trives vén de recibir resposta da Xunta á petición que realizaba onte ante a falta de lóxica dos horarios plantexados no novo Plan de Transporte
Exterio do Concello de Trives.

A Xunta de Galicia vén de atender a solicitude enviada dende o Concello de Trives o 9 de agosto, despois de comprobar que o novo Plan de Transporte Público facía imposible que a xente deste municipio poidera usar o autobús para ir ao hospital ou realizar calquera outro trámite no Barco.

«Agradecemos a boa disposición da Xunta de cambiar o que se fixera mal, atendendo ás peticións lóxicas transmitidas desde o Concello», sinala o alcalde trivés, Francisco José Fernández.

Dende o Concello de A Pobra de Trives infórmase de que a partir de mañá, 11 de agosto, segundo o acordado entre o alcalde e a xefa territorial de Infraestruturas, haberá un bus desde Trives cara O Barco ás 6.15 horas; e o de regreso será ás tres da tarde. «Desta forma garantízase que a xente teña tempo suficiente para acudir ás consultas médicas, a Facenda ou á Seguridade Social, e poida volver á casa para comer. E ao mesmo tempo posibilítase aos traballadores do hospital que viven en Trives que podían ir traballar en transporte público», resalta Fernández.

Artigos relacionados

Back to top button