OurenseÚltima hora

Mofa e Befa presenta “Cranios Privilexiados” no Auditorio Municipal de Ourense

O espectáculo arrancará ás 20:30 horas e nel os protagonistas farán reflexións filosóficas a través dunha merenda nun momento de crise existencial
Mofa e Befa.

O FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense) continúa enchendo de teatro a capital. Para hoxe, 11 de outubro, é a quenda de Mofa e Befa que saltan ás táboas do Auditorio Municipal, ás 20: 30 horas, co seu espectáculo “Cranios Privilexiados”.

O argumento que presentan Mofa e Befa ambiéntase nun momento de crise existencial no que os protagonistas deciden superar comendo, como manda a tradición perralleira. Para iso, organizan unha merenda de resonancias platónicas debaixo dunha ponte, onde a alianza entre desesperación e a sobriedade dos alimentos, provocan un febril momento de ascetismo.

As alucinacións vanse sucedendo, e a obrigada reflexión sobre o absurdo e a existencia, o confuso devir do mundo ou a natureza ferinte do amor, vese salpicada pola aparición de filósofos, seres mitolóxicos, antigas personaxes do propio repertorio e outras presenzas enigmáticas máis ou menos actuais, que acompañan e comprometen a tentativa desesperada de Mofa e Befa por aprender a pensar, para pensar no que facer.

Artigos relacionados

Back to top button