Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

Moisés Blanco di que se abre un “novo tempo para O Barco”

O Teatro Lauro desta vila acollía o mitin central campaña dos populares

Moisés Blanco, coa súa candidatura, no mitin./ Foto: Carlos G. Hervella.
Moisés Blanco, coa súa candidatura, no mitin./ Foto: Carlos G. Hervella.

“É a terceira vez que me presento e, ao mellor consígoo. Pero esta terceira vez está sendo diferente poque temos máis ilusión, máis forza e máis apoio e conto cun magnífico equipo”, aseguraba Moisés Blanco, candidato do PP á alcaldía do Barco, ao comezo da súa intervención no mitin que os populares celebraban neste municipio na tarde do 21 de maio.

Destacaba tamén que presentamos “un gran proxecto de cidade para O Barco. Co que nos presentaremos para os vindeiros oito anos porque creo na limitación de mandatos para así evitar que se cree eses círculos de favoritismo como o do actual alcalde”.

Incidía asemade en que aos cidadáns “hai que falarlles de proxectos” e en que “o noso programa centrouse en resolver os principais problemas que ten O Barco: creación de emprego, conciliación da vida familiar e laboral, o problema demográfico porque ten perdido cidadáns, o apoio ao pequeno e mediano comercio… Nós estamos dando solucións a problemas dende a perspectiva da igualdade”. Tamén se refería aos actos electorais realizados nestes días e concluía que “esta ten sido unha campaña en positivo”.

Moisés Blanco, candidato popular á alcaldía barquense./ Foto: Carlos G. Hervella.
Moisés Blanco, candidato popular á alcaldía barquense./ Foto: Carlos G. Hervella.

Neste mitin precedíano no escenario o deputado nacional Celso Delgado Arce, así como o parlamentario Pedro Puy. Sen embargo, o peche do mitin corría a cargo do presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, e tamén candidato á presidencia da Deputación provincial. “Dentro de 72 horas comezará un tempo novo para O Barco, cun novo alcalde, Moisés Blanco”. Baltar lembraba a súa traxectoria política na Deputación e actualmente no Parlamento e engadía que “aquí hai ideas e persoas”.

Asistentes ao mitin do PP do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
Asistentes ao mitin do PP do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Por outra banda, recordaba que o PP é o único partido político que presenta candidaturas en “todos os concellos e que, ao mesmo tempo, presenta un candidato a presidir a Deputación de Ourense que son eu. Os demais non pensan en clave de provincia porque, primeiro, non teñen á persoa, nin o proxecto. Por iso o voto ao PP é dobremente útil, para conformar o Concello do Barco e o goberno provincial”.

Artigos relacionados

Back to top button