PolíticaÚltima hora

Moisés Blanco reúnese cos respresentantes de Cruz Vermella Valdeorras e da empresa Mantesil

O deputado popular solicitara á Academia Galega e Seguridade “que imparta cursos de formación en Valdeorras”
Moisés Blanco, Maximino Alonso e Berto Fernández.

Analizar o borrador do decreto de socorrismo elaborado pola Xunta de Galicia, co obxectivo de estudar a posible incorporación de suxestións, foi o motivo da reunión que o deputado do Grupo Popular Moisés Blanco mantivo co presidente da Cruz Vermella Valdeorras, Maximino Alonso, e co responsable da empresa Mantesil, Berto Fernández.

Na xuntanza, Blanco valorou “positivamente o novo decreto que inclúe unha prórroga de catro anos para a transitoriedade cara dotación de persoal de socorrismo que teña certificado de profesionalidade, de xeito que se garanta a existencia de efectivos nas praias e instalacións acuáticas galegas”. Nese sentido amosou a disposición de solicitar que a Academia Galega de Seguridade imparta cursos de formación en Valdeorras para a incorporación de novos profesionais aos servizos de socorrismo “de xeito que se evitarían desprazamentos das persoas interesadas nesta comarca, co conseguinte aforro de gastos”, en palabras do deputado quen se comprometeu a trasladarlle ao director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, “a boa vontade e a colaboración tanto de Cruz Vermella de Valdeorras como dos profesionais que traballan neste sector, e que contan con experiencia contrastada nesta materia para que se poidan impartir estes cursos en Valdeorras”.

Artigos relacionados

Back to top button