ConcellosÚltima hora

Monólogos, ruta das tapas ou cine son algunhas das ofertas culturais do Concello do Carballiño para Semana Santa

Diego Ferández. 

O Carballiño contará esta Semana Santa cunha variada oferta cultural e de ocio, que se desenvolverá do 4 ao 16 de abril, e que contará coa colaboración de diversas entidades e asociacións da vila. Así o aununciou o concelleiro de Educación e Cultura, Diego Fernández, que indicou que este programa “trátase dunha programación dirixida a todos os públicos para dinamizar o tempo de lecer na próxima Semana Santa, e que resulta de interese para os carballiñeses pero tamén para os turistas que visiten a vila neses días”.

Haberá arredor dunha vintena de propostas culturais e de ocio, ademáis do programa relixioso e cultural de conferencias e procesións organizadas pola Cofradía da Veracruz.

Unha audición musical, obradoiros infantís, animación con circo de rúa e grupo de gaitas, roteiros guiados, teatro, monólogo, exposicións, cine e unha xornada de tapas figuran nesta proposta cultural que comezará o 4 de abril, cunha Audición do Conservatorio Profesional no auditorio, e rematará o 16 de abril coa clausura da exposición “A Paixón según Playmóbil”.

 

Artigos relacionados

Back to top button