EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A DO Monterrei colabora coa Femuro para crear un comedor social

Esta axuda súmase a outra apobada recentemente para proxectos coa Cruz Vermella de Verín
Asunción Rodríguez, presidenta do Consello Regulador da DO Monterrei. // Foto: Carlos G. Hervella
Asunción Rodríguez, presidenta do Consello Regulador da DO Monterrei. // Foto: Carlos G. Hervella

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei vén de aprobar no seu último pleno unha liña de axudas para colaborar coa Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro) de cara a crear un comedor social. A federación busca así pór en marcha este tipo de instalación para atender a persoas en situación de vulnerabilidade social. A axuda do consello regulador súmase a outra aprobada recentemente e que tivo como beneficiaria a Cruz Vermella de Verín. Neste caso, a axuda servirá para costear equipamento para a entidade.

Dende o consello regulador, a súa presidenta, Asunción Rodríguez, sinalou que “aínda que non sexa o seu fin último, esta institución non pode dar a espalda aos problemas e necesidades do seu entorno”.

Artigos relacionados

Back to top button