CulturaCulturaGalerías de fotosTempo de EntroidosÚltima hora

Multitudinaria foliada en Vilariño de Conso

O forte vento e a chuvia non desanimaban ás numerosas persoas que na tarde do 6 de febreiro, Sábado de Entroido, dábanse cita en Vilariño de Conso na carpa instalada na praza. Había moitos anos, case vinte, que neste municipio non se representaba unha foliada e a expectación era máxima. Por iso, cando unha presentadora daba inicio á función, a carpa estaba abarrotada.

Boteiros, damas, cegos, vellos, pallasos… Unha ampla e variada galería de personaxes desfilaban polo escenario desenvolvendo unha serie de pezas que se ían engarzando coas intervencións dos pallasos e da música. Ao remate, os preto de corenta participantes nesta representación satírica, recibían a ovación e o aplauso dos seus veciños.

A foliada era un dos actos centrais do Entroido de Vilariño de Conso, que promove a Asociación Xuntos polo Folión en colaboración co Concello de Vilariño.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button