CulturaCulturaÚltima hora

Música, comida e mercado no XI Festival Arteficial na vila medieval de Ribadavia

A cita será o próximo 2 de setembro con entrada de balde e tocarán un total de nove grupos nos diferentes escenarios

A vila medieval de Ribadavia prepárase para acoller, ao longo do sábado 2 de setembro, o XI Festival Arteficial. Un festival en formato de romaría diúrna de música alternativa no corazón da vila medieval da capital do Ribeiro.

O festival celebrarase dende as 12:00 da mañá ata as 2:30 da noite nos 4 escenarios (Escenario San Miguel, Escenario Reboreda e Escenario Doppler e Escenario Jaggermeister), polos que pasarán nove bandas. Ademais oferecerán unha zona de mercado alternativo, “o Mercado das Sementes”, onde será posible atopar dende revistas e cómics ata roupa; e zona de xantar, con polbo, comida para vexetarianos, vegana e apta para celíacos, hamburguesas de tenreira galega e outros produtos da zona.

Aínda que a entrada será gratuíta haberá un posto da Cruz Vermella do Ribeiro para posibles donativos (produtos non perecedoiros e para a hixiene dos mais cativos) que a xente queira deixar.

Cartel do festival.

Artigos relacionados

Back to top button