CulturaMúsicaÚltima hora

Música, exposicións e obradoiros no IX Arteficial, en Ribadavia

O festival celebrarase o sábado 5 de setembro na Capela da Madalena de 12:30 a 22:30h.
Presentación do festival Arteficial na Deputación de Ourense.
Presentación do festival Arteficial na Deputación de Ourense.

Dinamizar a actividade cultural provincial é o obxectivo do festival Arteficial que terá lugar en Ribadavia o vindeiro sábado, 5 de setembro.

Esta novena edición de “Arteficial” trae consigo varias innovacións como é o escenario no que se van a desenvolver as actividades que estarán divididas en dous espazos: o interior da Capela da Madalena, onde se desenvolverán os concertos de música acústica, e o exterior da capela adaptado para a versión máis electrónica do festival.

Outra das novidades deste ano é que as actividades desenvolveranse en horario diurno, de 12:30 ás 22:30 horas, e as entradas para os asistentes serán gratuítas. O público terá a oportunidade de degustar os distintos pratos gastronómicos que os stands alí presentes ofertarán.

As actuacións musicais do evento correrán a cargo dos grupos Trilitrate, Músculo!, Diola, Avecrem, A Jigsaw, Cova, Ainara Legardon, Puma Pumku e a orquestra Pánico. Ademais dos concertos musicais, o festival conta na súa programación con actividades paralelas como o mercado das sementes ou a exposición de foto oficial que acolle unha mostra de fotografías de diferentes autores, todas elas referidas á temática social.

Artigos relacionados

Back to top button