CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Música e festa de bar en bar nos VIII Cantos de Taberna de Trives

Esta cita festiva, que organizan A Caniceira e As Macizas Centrais, terá lugar o vindeiro 25 de novembro coa participación de dez grupos
Imaxe da pasada edición dos Cantos de Taberna en Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

Os Cantos de Taberna voltarán a percorrer os establecementos de hostalaría de Trives. Será na tarde e noite do vindeiro 25 de novembro. Trátase da oitava edición desta iniciativa, que promoven a Asociación Cultural A Caniceira e As Macizas Centrais. Esta cita musical comezará a partires das cinco da tarde coa concentración dos grupos participantes na praza do Reloxo da vila.

Nesta ocasión serán un total de dez as formacións que actuarán: As Skachacunchas, Son do Bibei, Macizas Centrais, Os Relamidos, Paus an Fouces, Os Trabazos, Rondalla Esmorga, Nova Era, Os Palletas, San Nordés.

No circuíto participarán, desta volta, unha ducia de locais triveses: Boliche, O Cafeto, Troula, Sky, O Bodegón, Cantina do Catro, Manolo’s, San Martín, Paíño, Casanova, Quintela e O Lar de Alicia.

Artigos relacionados

Back to top button