CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Nace o coro parroquial Voces de San Martiño (Manzaneda)

A agrupación coral debutaba o 8 de outubro na celebración da Nosa Señora do Rosario
O coro parroquial Voces de San Martiño. /Foto cedida.

A parroquia de San Martiño (Manzaneda) conta dende hai un mes cun coro. Todo comezaba coa chegada do actual párroco, Amador Ares, que convidaba aos veciños a cantar durante as celebracións. Pouco a pouco fóronse animando e finalmente decidían formar unha agrupación musical.

Así nacía Voces de San Martiño, un coro formado por unha vintena de persoas que baixo a batuta de Amparo Rodríguez, comezaban os ensaios cada sábado. Un mes despois, no marco da celebración da Nosa Señora do Rosario, o 8 de outubro, debutaban amenizando a eucaristía na igrexa parroquial.

Con ilusión, nervios e moitas ganas, o coro continúa preparando temas para o seu repertorio, así como a seguinte actuación que terá lugar o día do patrón, San Martiño, o 11 de novembro.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button