En portadaÚltima hora

A neve deixa sen clases a case 3.000 alumnos ourensáns

Do total de  7.918 alumnos galegos de infantil, primaria e secundaria que  hoxe faltaban a clase por mor das condicións meteorolóxicas adversas, 2.935 son ourensáns, segundo os datos recollidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Son escolares duns 65 centros educativoas da provincia.

En total os concellos afectados pola suspensión do transporte escolar son, segundo Educación,  50: Amoeiro, Avión, Beariz, Boborás, O Carballiño, Coles, Maside, A Peroxa, San Cristovo de Cea, Padrenda, O Pereiro de Aguiar, San Amaro, Allariz, Bande, Baños de Molgas, Os Blancos, Castrelo do Val, Celanova, Cualedro, Entrimo, Laza, A Merca, Monterrei, Muíños, Oímbra, Rairiz de Veiga, Ramirás, Sandiás, Sarreaus, Verín, Vilar de Barrio, Vilardevós, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, A Gudiña, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, A Pobra de Trives, Riós, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, O Barco de Valdeorras, A Rúa, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras.

Dende a Consellería de Educación tamén se matiza que “as clases non se suspenderon en ningún centro de ensino” da comunidade galega.

Artigos relacionados

Back to top button