Moito me houbera gustado compartir co meu gran amigo Pepe do Barrio, as emocións que sentín nestes últimos días, na sua querida Lamalonga, pero estou seguro, de que dende algún punto do tempo e do espazo, él está disfrutando co que estos rapaces e rapazas, ós que tantos consellos sobre a vida, lles deu en vida están levando a cabo no seu pobo.
Fai poucos meses, un grupo de emigrantes de Lamalonga, así como os fillos de emigrantes, puxeron en marcha unha iniciativa cultural interesantísima: A asociación cultural “Pepe do Barrio”, esto en sí mesmo, non foi demasiado impresionante para mín, pois xa se desenvolverán anteriormente outros intentos de algo así, pero desgraciadamente perderonse por falta de tesón e ganas de traballar, por algo tan bonito como a unidade do pobo pola cultura, na que sempre crin e pola que sempre loitei ainda que me dixeran que “aquí non fai falta cultura”.
O que sí me impresionou de estos entusiastas rapaces e rapazas, é que é un grupo separado pola distancia dos seus domicilios na emigración, pero moi unidos polos modernos medios de comunicación e por unha idea, que é a recuperación das suas raices, o seu pobo, as suas tradicións, a sua cultura e a fabulosa obra de Pepe do Barrio que sempre está na mente. Un grupo moi cohesionado, con novas ideas para facer felices os seus veciños, cando tódolos veráns veñen o seu pobo a compartir cultura, ensinar e aprender, en definitiva unha conexión perfecta co seu pobo.
É emocionante, ver como este grupo de rapaces e rapazas, conseguiron encher a igrexa, con veciños de tódalas idades e niveis intelectuais, para disfrutar de dous concertos: o primeiro día, dos violinistas do conservatorio da Coruña, que con un programa de música clásica, deixaron completamente atónitos a tódolos veciños, moitos deles, era a primeira vez que disfrutaban deste tipo de música, podovós asegurar que foi verdadeiramente insólito, os aplausos e a satisfación dos veciños recordaranse en Lamalonga sempre.
O segundo día foi o Orfeón Valdeorras, co seu presidente, un destacado veciño de Lamalonga, Agustín ó frente, que con un cheo ainda maior que o día anterior, puxonos o corazón nun puño e fixonos chorar de emoción. Todos coñeceis o citado Orfeón e as dificultades que representa mover a un grupo tan numeroso de artistas, pois estes rapaces e rapazas conseguirono e eu sentía, como alí sentado con bágoas nos ollos, escoitando a interpretación de Negra Sombra, Pepe estreitabame a man e decíame “estou orgulloso de estes rapaces, estos sí son os meus veciños”.
Ben, pois estes rapaces e rapazas, son a mostra de que nos pobos de montaña, estos pobos tan golpeados pola emigración, tan olvidados polos poderes públicos, donde en inverno se nos pode contar cos dedos da man, podense facer cousas distintas as de traer Orquestas Millonarias, que sangran os bolsillos das xentes, as que non lle sobra o diñeiro e que ademáis, a maioría non as entendemos e que non nos trasmiten as emocións que eu sentín estos días.
Si a tódalas actividades especialmente emocionantes, se complementan as merendas populares, as exposións de fotos antigas, as actividades infantís e a xornada de portas abertas dos museos de Pepe do Barrio, dende logo eu sinto unha envidia sana, de que no meu pobo no haxa xente así, sempre quixen ser de Lamalonga e agora un pouco máis.
¡¡Lamalonga podes estar orgullosa das tuas xentes!! ¡¡Rapaces e rapazas, eu cando sexa maior quero ser coma vós!!