CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

No IES Martaguisela do Barco, co “maltrato non hai trato”

Este centro educativo conmemora con diversas actividades o Día internacional contra a Violencia de xénero

A conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de xénero ten tamén o seu reflexo nos centros educativos. Entre os que están a realizar actividades de sensibilización con relación a esta problemática está o IES Martaguisela do Barco en torno ao lema “co maltrato non hai trato”.

Nestas imaxes poden verse diferentes momentos deste venres neste instituto: os profesores vestidos coas camisetas negras da campaña “Valdeorras en negro” e alumnos asistindo a unha proxección dun interesante video musical, elaborado por estudantes do instituto, na entrada deste mesmo centro. Este video pode verse tamén na páxina web do centro.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmartaguisela/

Unha das imaxes do video.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button