PolíticaÚltima hora

Noa Presas (BNG) preguntará no Parlamento sobre a atención primaria en Valdeorras

A deputada nacionalista plantexará este tema no vindeiro pleno da Cámara galega

 

A deputada Noa Presas, nunha das súas intervencións no Parlamento galego.

A deputada do BNG por Ourense no Parlamento de Galicia, Noa Presas, levará ao vindeiro pleno desta cámara a situación da atención primaria na área sanitaria de Valdeorras. Na súa intervención interpelará ao goberno galego sobre esta cuestión e demandará medidas “para corrixir as deficiencias que afectan a un servizo público básico”, adianta.

Presas centrarase principialmente en cuestións como as de dotacións de persoal, infraestruturas e materiais na atención primaria, “que é porta de entrada ao sistema sanitario”, indica. A deputada menciona ademais cuestións como a dispersión territorial dos usuarios de Valdeorras, “especialmente con condicións meteorolóxicas adversas, que dificultan o desprazamento dos e das profesionais da sanidade que teñen as súas horas de traballo distribuídas en diferentes centros”.

Tras a reunión da Xunta de portavoces do 14 de marzo, o BNG incluíu esta iniciativa de control ao goberno galego na orde do día do próximo pleno. “Estamos moi preocupadas por este continuo deterioro, polos recortes de persoal que afectan a toda a área sanitaria e que se fan notar con máis intensidade nos concellos do rural, onde a veciñanza se ve forzada a facer quilómetros para poder ter unha atención fundamental como o servizo de pediatría”, advirte Presas.

Artigos relacionados

Back to top button