CulturaCulturaÚltima hora

Noite de maxia, este xoves na praza Doutor Paz de Trives

O Mago Deimi actuará a partires das dez da noite
O Mago Deimi.

Mañá, xoves 20 de xullo, a praza Doutor Paz da Pobra de Trives acollerá un espectáculo de maxia para todos os públicos organizado polos establecementos hostaleiros A Cantina do Catro e O Boliche.

Trátase dun número a cargo do Mago Deimi que abarca as diferentes ramas da maxia, dende o escapismo ou a cartomaxia ata as aparicións, transformacións, maxia con lume, levitacións ou mentalismo. “Maxia moi variada e divertida con grandes doses de humor, un show moi dinámico e interactivo co público”, explican dende Hermanager Producións.

O espectáculo comezará ás 22h. e durará entre 60 e 70 minutos.

Artigos relacionados

Back to top button