ConcellosÚltima hora

Noite Encantada na Valenzá este sábado 28, cos comercios abertos até as 23h

Participan 22 establecementos da Agaeca local
Un momento da presentación da Noite Encantada.
Un momento da presentación da Noite Encantada.

A Valenzá, no Concello de Barbadás, acollerá este sábado 28 de maio a celebración da súa Noite Encantada, un evento organizado pola Asociación Galega de Empresas, Comercios e Autónomos (Agaeca) que permitirá prolongar o horario comercial dos establecementos da vila até as 23h, co obxectivo de dinamizar o consumo local. A presentación da programación tivo lugar onte, que correu a cargo do edil de Deportes, Adrián Varela, e a empresaria locai Annabel Lee, de Complementos Laiza, e o xerente da Librería Moraira.

Pero ademais da apertura do comercio, a Noite Encantada contempla tamén actividades lúdicas, deporte e ocio infantil. Deste xeito, haberá xincana infantil para nenos de 7 a 10 anos, que se desenvolverá entre as 17 e as 21h, haberá tamén unha gateada ou carreira para bebés de até 13 meses, que será ás 19.30h, e unha exhibición de zumba no parque da Liberade ás 17h.

As actividades deportivas compleméntanse cunha carreira popular que, na súa categoría absoluta, terá un percorrido de 7,5 quilómetros. O percorrido discorrerá pola vila e por outros lugares do mnicipio como As Lamas.

Na área comercial, a Noite Encantada contará coa participación dun total de 22 establecementos, de entre os adheridos á Agaeca. Eles tamén se integrarán na parte lúdico-infantil, pois ofrecerán nos seus escparates unha adiviña relacionada coa temática da xincana literaria infantil. Para participar no sorteo, terán que estar cubertas as 22 adiviñas.

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, valorou esta iniciativa dos comerciantes que, segundo defniu, pretende “pór en valor o comercio de proximidade e actividades dirixidas a todas as idades”. Tamén indicou que a administración local participa nela coa posta a disposición da organización “tanto da infraestrutura como a campaña de publicidade”, sinalou.

Artigos relacionados

Back to top button