ConcellosÚltima hora

A Asociación Ribadavia Activa-T presenta en Ourense, a Noite Meiga 2014

Os Festicultores pecharán o “terrorífico” programa o sábado 1 de novembro en Ribadavia
Presentación da Noite Meiga de Ribadavia, en Ourense.
Presentación da Noite Meiga de Ribadavia, en Ourense.

Mañá xoves 30 de outubro ás 12h. a sala de xuntas do Pazo Provincial de Ourense acollerá a presentación da “Noite Meiga 2014” de Ribadavia, da man do asesor de Cultura da Deputación de Ourense, César Fernández, e as vogais da asociación Ribadavia Activa.T, Alba González e María del Portal Viso.

Unha edición máis, e xa van catorce, a Asociación Ribadavia Activa-T preparou unha completa programación para celebrar a máxica festa de Tódolos Santos, que este ano empeza xa o venres 31 de outubro. Así pois o programa abrirase o venres ás 19h. cun “concerto terrorífico” a cargo da Banda Infantil Luis Costa na Madalena, para continuar co “Misterio do Terrorifico Sr. Euribor” a cargo de O Correo do Vento, contos e obradoiro de debuxo na Madalena.

E xa o sábado 1 de novembro, día grande da festa, a xornada arrancará cun baile de feiticeiros, para nenos no Club Artístico e un photocall meigo a cargo de Garabato-Photo. Tamén para o público intantil é o desfile que comezará ás 19h. ata a Praza Maior, o mesmo punto ao que chegará o Gran Desfile da Noite Meiga, con saída ás 21:30h.dende San Francisco.

A festa continuará e a partires das 22h. sucederanse as actividades: pasaxe do terror no Castelo a cargo de Cometa Espectáculos, Marañao Teatro e voluntarios do Ribeiro; gala de lume con malabares, mazas, escupelumes, cremacións, cadeas…a cargo de SesaDis Espectaculos na Praza Maior; actuacións de “As Lajartas”; aquelarres das meigas cos Tabaleiros da Istoria; actuación do ilusionista Mago Marco, na Igrexa da Madalena; gran queimada co Bruxo Queiman, unha meiga e un diaño tragalumes… e como fin de festa o concerto a cargo do grupo Festicultores Troupe “os máís experimentados cultivadores de festas de Galicia”.

Artigos relacionados

Back to top button